Ciencia ficción e videoxogos danse cita a fin de semana en EXPOCoruña

venres, 23 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Durante a fin de semana o recinto de EXPOCoruña vai acoller un novo encontro que xunta a animación, a ciencia ficción e os videoxogos, a CIFICON, que busca repetir o éxito de citas como ExpOtaku, pero abríndose a un público máis amplo e aproveitando o pulo que o aniversario de Regreso ao Futuro e a próxima estrea de Star Wars: El Despertar de la Fuerza supón para o público, que está a demandar cada vez máis contidos desta temática, e encontros deste tipo axudan a satisfacer.
Esta cita componse de exposicións moi atractivas, mesas redondas, obradoiros, relatorios, ginkanas, e tamén unha boa relación de actividades ao redor do mundo dos videoxogos, que groso modo serían unha mesa redonda o domingo ás 13:00 horas sobre A ciencia ficción nos videoxogos, zonas de xogo libre a Star Wars Battlefront 2 (PlayStaton 2), Alien Isolation, BioShock 3: Infinite, Call of Duty: Black Ops 2, Doctor Who: The Eternity Clock, Doom 3, Mortal Kombat vs DC, Resident Evil 6, Unreal Tournament 3 (PlayStation 3), Aliens Colonial Marines Limited, Aliens vs Predator, Call of Duty: Ghosts, Half-Life 2, Halo Reach, Mass Effect, Portal e Team Fortress (Xbox 360) e torneos de Metroid Prime 2: Echoes (GameCube), Unreal Tournament 3 (PS3), Star Wars Battlefront 2 (PS2), Call of Duty: Black Ops 2 Modo Zombis (PS3), Resident Evil 6 (PS3), Halo Reach (Xbox 360), Call of Duty: Ghosts (Xbox 360), Mortal Kombat vs DC (PlayStation 3) e Aliens vs Predator (Xbox 360).
En definitiva, unha completa fin de semana para os seareiros da ciencia ficción e os videoxogos, que probablemente consiga converterse nun evento anual, dada a expectación que está a provocar esta convocatoria nas redes sociais. De feito, para dar conta do seu programa de actividades definitivo a organización fixo uso de Facebook.

Durante CIFICON haberá consolas para gozar de freeplay e tamén celebraranse numerosos torneos

PUBLICIDADE