China ten reparos ante a posible entrada de Oracle e Walmart en TikTok
mércores, 23 de setembro do 2020
- Instalacións de ByteDance en Beijing
Os bloqueos de TikTok e WeChat previstos para a pasada fin
de semana non
se fixeron efectivos, e no caso de TikTok o adiamento correspondÃa a unha
prórroga para facilitar a compra do 20% de TikTok por parte de Oracle e
Walmart, operación que poderÃa servir para xustificar que Trump deixase de atacar
á primeira grande plataforma social móbil chinesa en conseguir éxito global,
pero dende China no parecen estar moi contentos coa situación, e dende
China Daily non dubidan en falar de extorsión e considerar que os EE.UU.
están a realizar prácticas mafiosas para obrigar a unha compañÃa lexÃtima a
aceptar un acordo inxusto e inxustificado.
O acordo de venda de participacións de TikTok tamén obrigarÃa a que a nova
empresa que se crearÃa, TikTok Global, tivese un cadro directivo cunha
presencia chinesa mÃnima, e aÃnda que ByteDance non fose a vender a tecnoloxÃa
de TikTok (simplemente a licenciarÃa á nova empresa) dende Oracle poderÃan
supervisar o código fonte, e dado que TikTok e a súa versión chinesa (Douyin)
comparten código (aÃnda que non usuarios) iso farÃa que dende EE.UU. terÃan
información sobre as operacións dunha compañÃa chinesa e acceso á súa
tecnoloxÃa base, o que poderÃa ser un grande problema para o desenvolvemento da
empresa a longo prazo.
Dende China ven todo este movemento empresarial como unha partida con cartas
marcadas, na que os EE.UU. están a xogar sucio para destruÃr ou mercar unha
empresa estranxeira que está a ter éxito. Considera que China non terÃa ningún
motivo para favorecer esta situación que poderÃa condenar á empresa chinesa
ByteDance.