Chegan aos nosos móbiles as historias de Facebook
venres, 17 de febreiro do 2017
Tras iniciar as súas probas
en Irlanda no mes de xaneiro, xa están aquà as historias de Facebook, contidos
que podemos compartir dende o móbil na plataforma social de Mark Zuckerberg e
que, na liña do que acontece en Snapchat ou Instagram, teñen como principal
caracterÃstica a súa condición de efémeros, ou sexa, que as historias que
compartamos só estarán visibles durante 24 horas, de xeito que conforman un
espazo paralelo á nosa cronoloxÃa.
Outra caracterÃstica das historias de Facebook é que están optimizadas para o
móbil, ou sexa, que as imaxes e os vÃdeos que se comparten están pensadas para
un formato vertical, e para facilitar a creación de contidos deste tipo
Facebook integra unha cámara con numerosos efectos e opcións de edición para
que os usuarios poidan expresarse dun xeito máis informal do que estamos
afeitos en comunicacións máis públicas que vaian manterse no tempo.
Cando creemos contidos coa ferramenta de historias de Facebook non só podemos
compartir as creacións cos amigos en xeral, senón que tamén poderemos remitilas
a usuarios en concreto, deixando clara a vocación desta funcionalidade para
ocupar o lugar que empregan aplicacións como Snapchat.
- Para crear as historias contamos con novas ferramentas como unha cámara e opcións de edición