Chegan ao mercado español os Poco F6 e Poco F6 Pro
xoves, 23 de maio do 2024
Os móbiles máis potentes da marca Poco presentaron hoxe a súa nova xeración en España, os Poco F6 e Poco F6 Pro, que buscan responder á demanda de usuarios que esixen prestacións avanzadas pero non están dispostos a pagar preto de mil euros por un smartphone.
Temos asÃ, como o produto máis interesante para os usuarios esixentes que queren axustar o prezo, o Poco F6, un smartphone cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 8s Gen 3, pantalla AMOLED de 6,67 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, cámara traseira cun sensor principal estabilizado de 50 MpÃxeles (cun sensor Sony IMX882) e unha cámara frontal de 20 MpÃxeles, baterÃa de 5.000 mAh cunha carga rápida de até 90 watts capaz de cargarse completamente en só 35 minutos e resistencia IP64, de xeito que contarÃa con case todas as prestacións dun gama alta, pero cun prezo de lanzamento de 389,99 euros para o modelo con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, e de 419,99 euros para o modelo con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento.
Para usuarios máis esixentes chegarÃa o Poco F6 Pro, cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2, pantalla AMOLED de 6,67 polgadas cunha resolución WQHD+ e unha velocidade de refresco de 120 Hz, cámara traseira tripla cun sensor principal estabilizado de 50 MpÃzeles (con sensor Light Fusion 800) e baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 120 watts (capaz de cargar completamente o móbil en só 19 minutos). Un teléfono que de lanzamento parte dun prezo de 499,99 euros para o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e chega até os 599,99 euros para a versión con 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade.