Chegan á súa recta final as xornadas sobre protección de datos do CPEIG

xoves, 4 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

As xornadas Empresa-Protección de Datos-Administración Electrónica, organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), chegan hoxe xoves día 4 ao seu remate. Os fundamentos éticos das TIC e o comercio electrónico e a protección de datos, ademais da Administración electrónica, centrarán as sesións que se desenvolverán en horario de mañá e máis de tarde na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre lembrar que ao longo deste encontro, diversos especialistas e unhas 150 persoas inscritas están a xerar debate arredor da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).
O programa desta derradeira xornada quedaría deste xeito:
09.00 h. Fundamentos éticos e xurídicos das TIC: o segredo profesional. Jesús Rodríguez Castro. Xefe de Informática do Concello de Santiago de Compostela.
10.30 h. O cliente no comercio electrónico: dereitos e garantías. Joaquín Cayón de las Cuevas. Xefe da Asesoría Xurídica da Consejería de Sanidad de Cantabria. Profesor de Dereito Mercantil da Universidade de Cantabria.
12.30 h. Protección de datos na empresa. Miguel A. Ramos González. Socio director de Informáticos Europeos Expertos e profesor da Universidade Carlos III.
16.30 Uso dos recurso informáticos e incidencias de seguridade. Jaime Barros Leboreiro, subdirector xeral da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
18.30 h. O futuro da Administración Electrónica. Yolanda García Ulla. Secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
20.00 h.Clausura
Estas xornadas desenvólvense no marco do convenio establecido
entre o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia. Representantes da Agencia Española de Protección da Datos, investigadores universitarios e outros especialistas en protección de datos dialogaron durante tres días na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Na organización do encontro colaboran a Xunta de Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e o Centro de Estudos Cooperativos da mesma universidade.

PUBLICIDADE