Chegan a España os novos smartphones de alta gama de Huawei

martes, 20 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Hai máis de medio ano Huawei quixo deixar claro que optaría polos acabados de calidade ao presentar o seu novo smartphone insignia, o Huawei Ascend P7, e finalmente podemos ver este excelente terminal en España, xa que a partires do mes de febreiro poderá mercarse por 299 euros, o que é un prezo bastante razoable para un smartphone 4G con pantalla de alta definición de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon de 4 núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles e batería de 3.000 mAh (que achega unha autonomía de até 8 horas de reprodución de vídeo).
A maiores tamén teremos esta mesma semana o Huawei Ascend Mate 7 Gold, que é unha versión mellorada do anterior, con 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliables mediante tarxetas microSD e a posibilidade de empregar dúas tarxetas SIM. Comezará a venderse en El Corte Inglés e Amazon a un prezo de 599 euros.

PUBLICIDADE