Chega o Guitar Hero 5 ás tendas españolas
venres, 11 de setembro do 2009
Hoxe
chega ás tendas españolas o xogo Guitar
Hero 5, con 85 temas musicais incluÃdos entre os que hai dende
clásicos do rock ata grandes éxitos dos últimos anos, permitindo combinar
distintos instrumentos (guitarra, baixo, baterÃa e voz) ao gusto do xogador e
incluso permitindo meterse na pel de personaxes xogables coma Kurt Cobain
(Nirvana), Johnny Cash, Carlos Santana, Shirley Manson (Garbage) e Mat Bellamy
(Muse), polo que podemos asegurar que estamos ante un paso máis do que
Activision xa acadou co seu anterior Guitar
Hero World Tour, pero que nesta ocasión terá que competir con The Beatles: Rock Band, que tamén saÃu á
venda esta semana, aÃnda que a comparación é demasiado dispar, e posiblemente
sexa o futuro Band Hero (xogo musical
de Activision que chegará antes de rematar o ano, e que orientarase á música
pop) o que deberÃa baterse co xogo do cuarteto de Liverpool (que por outra
banda só inclúe 45 temas musicais).
Para celebrar o lanzamento do Guitar Hero 5, Activision
intentará bater
o record Guinness de maior número de persoas xogando ao Guitar Hero nunha sesión de 24 horas que terá lugar na
madrileña tenda GAME da rúa Preciados, dende as 12:00 horas do venres ata ás
12:00 do sábado.