Chega ás tendas o videoxogo dos Simpson respectando a dobraxe da serie televisiva

venres, 2 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A familia amarela máis popular da televisión chega esta semana ós videoxogos en Los Simpson: el videojuego, un novo produto de Electronics Arts que chega xa para as consolas PS2, PSP, Wii, Xbox 360 e Nintendo DS, tendo que agardar os usuarios da PS3 ata o 9 de novembro para poder mercar este peculiar xogo que é unha auténtica expansión do mundo dos Simpson, xa que as súas historias están desenvolvidas coa axuda dos guionistas da serie orixinal.
Un dos detalles máis destacables da edición española é que se respecta a dobraxe da serie, de xeito que no videoxogo poderemos escoitar a Carlos Ysbert dándolle voz a Homer, a Sara Vivas facendo de Bart, a Luis Marín dándolle vida a Barney ou a Margarita de Francia detrás da gorxa de Marge, o que fará que os seguidores da serie se sintan moi a gusto co título que está a chegar ás tendas españolas.
Dende Electronic Arts Televisión (EAtv) publicaron unha reportaxe na que se pode ver cómo foi o labor de dobraxe do xogo:

PUBLICIDADE