Chega ás tendas españolas Dead Space 2
xoves, 27 de xaneiro do 2011
As tendas de
videoxogos españolas reciben
hoxe o agardado Dead Space 2,
secuela dun arriscado tÃtulo de Visceral Games que foi considerado coma un dos tapados de 2008 e gañou a pulso un
espazo de seu no sector contando xa con outra entrega da saga (Dead Space: Extraction, un shooter on rails para Wii e PS3), un
cómic animado interactivo para Xbox 360 e PS3 e varios comics e pelÃculas de
animación, que serven para ilustrar a boa aceptación que está a acadar este survival horror, que encantará aos
seareiros das primeiras entregas de Resident
Evil.
Dead
Space 2 ofrece unha nova aventura continuista, na que volvemos a
encarnar a Isaac Clarke, traumatizado polos acontecementos que tiveron lugar no
xogo orixinal, e que volve a enfrontarse a unha invasión de necromorfos en
novos ambientes, con novas armas e coa posibilidade de ter control sobre a
gravidade cero. Tamén incorporará un modo multixogador no que poderase xogar
tamén no bando dos necromorfos.
Aparte do xogo que chegará ás tendas, tamén estará dispoñible un contido
descargable chamado Severed que
engade 2 novos capÃtulos ao modo campaña do xogo e un xogo para iPhone
e iPod Touch, que xa está á venda por 5,49 euros (tamén existe unha versión para iPad) e dende o que tamén
poderán adquirirse melloras, o que cada dÃa parece ser unha canle máis potente
para acadar ingresos dende os xogos para iOS.
- En Dead Space 2 Isaac Clake volverá a enfrontarse a unha invasión de necromorfos