Chega ás consolas de videoxogos un novo Trivial Pursuit
martes, 17 de febreiro do 2015
Tras a chegade de xogos coma o Monopoly e o RISK,
finalmente está dispoñible por 14,99 euros o Trival
Pursuit Live! Para Xbox One e Xbox
360, a versión máis actual do xogo de cultura xeral máis coñecido do mundo,
que para o seu goce en consolas de videoxogos fuxe de imitar unha partida a un
xogo de mesa para presentarse como se fose un concurso televisivo.
O xogo presenta unha aparencia moderna, conta con novas probas e goza dunha boa
selección de preguntas de cultura xeral, buscando ser divertido e accesible
grazas a diferentes niveis de dificultade e quendas de recuperación, facendo
que a experiencia de botar un Trivial
sexa máis divertida que nuncan.
Permite competir a entre 1 e 4 xogadores en local ou entre 2 e 4 xogadores en
liña, e mañá mesmo estará tamén dispoñible
para PlayStation 3 e PlayStation
4, destacando o feito de que a versión para PS3 terá un prezo de só 9,99
euros.
- O xogo adopta a aparencia dun concurso televisivo