Chega ao iPhone un xogo Made in Lugo

mércores, 27 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Mentres as miradas de todo o mundo diríxense ao novo iPad de Apple, a tenda de aplicacións para o iPhone e iPod Touch incorpora hoxe un divertido xogo que permite converter ao usuario nun marionetista que controla estratexicamente un exército de monifates para trunfar coa representación de óperas nos escenarios dos EE.UU., atravesando todo Norteamérica derrotando a compañías rivais para chegar á meta: o teatro de Broadway. Con este curioso argumento metémonos en Battle of Puttets (A Batalla dos Monicreques), un xogo de estratexia en tempo real con desprazamento horizontal ao estilo do Sword & Soldiers de WiiWare, que é obra da empresa luguesa Small Wonders e que, aparte dunha carismática aparencia gráfica, tamén conta cunha banda sonora de luxo, que permiten descargar de balde da Internet, obra de Arturo Vaquero de Abrigueiros Estudios, que actualmente é candidato aos Premios Goya polo seu tema Agallas vs escamaspara a película Agallas.
A mecánica do xogo é relativamente sinxela, como a de calquera outro xogo de guerra de castelos, apoiado por un argumento operístico, no que recréanse obras coma Madame Butterfly ou Carmen (con toureiro, bandoleiro, pecados e toro de lidia coma exército) na pequena pantalla do iPhone. Sen dúbida, un título moi interesante que podemos mercar por 1,59 euros.


Vídeo de presentación do xogo

JPEG - 101.7 KB
Instrucións de funcionamento do xogo

PUBLICIDADE