Chega a plataforma galega Opositatest.com, a antesala online das oposicións
luns, 6 de xullo do 2015
Estudar
para unhas oposicións non é tarefa doada polo que calquera
ferramenta que bote unha man para facer máis levadeiro o traballo é
sempre benvida. Con isto en mente botaba a andar hai seis meses na
cidade da Coruña, Opositatest.com
, unha start-up
con capital 100% galego e nada co gallo de adaptar o estudo das
oposicións ás novas tecnoloxÃas. Emporiso, cómpre concretar,
Opositatest.com vai encamiñada aos opositores do mundo da xustiza, e
como novidade, dicir que estamos perante o primeiro proxecto de
oposicións que actualizou o seu temario conforme á última reforma
do Código Penal.
Dentro das oposicións
existentes, as de Acceso á Carreira Xudicial e Fiscal e ao Corpo de
Secretarios Xudiciais son dous das máis prestixiosas do Estado e que
maiores dificultades entrañan. A devandita web nace dunha
necesidade, a dun grupo de opositores e exopositores que demandaban
con urxencia novas ferramentas para achandar o camiño ás devanditas
probas. Por iso, para dar solución ao seu problema, creouse un
equipo interdisciplinar composto por mozos enxeñeiros informáticos,
licenciados en Dereito e opositores, para abranguer todos os aspectos
que a creación dunha ferramenta en liña destas caracterÃsticas.
Quen visite
Opositatest.com verá que o espazo está centrado na preparación da
primeira proba das citadas oposicións, proba que consiste na
resolución dun cuestionario tipo test.
Subliñar que existe a
posibilidade de que o usuario (partindo da base de datos) poida crear
unha chea de tests personalizados, incluÃdas probas completamente
aleatorias que simulan e reproducen un exame real da oposición
diferente cada vez.
Isto acompañado doutra
funcionalidade nova, o seguimento personalizado. Mediante fórmulas
matemáticas e gráficos conseguimos que os usuarios poidan saber e
coñecer en todo intre a súa evolución, o seu progreso ou a súa
posición en relación con outros.