Chega a Kickstarter a cámara de acción soñada polos pescadores
luns, 27 de xullo do 2015
En
2014 un par de irmáns tiveron a idea de desenvolver unha cámara para capturar
secuencias subacuáticas durante as súas xornadas de pesca, e tras un tempo
dándolle voltas iniciaron o proxecto da GoFish
Cam, que actualmente está a desenvolver unha campaña de
micromecenado en Kickstarter na que buscan xuntar 55.000 dólares para que o
produto poida converterse en realidade a primeiros de 2016.
Deste xeito, os mecenas que acheguen a partires de 115 dólares (103,84 euros)
poderÃan facerse cunha destas cámaras de acción de alta definición deseñada
para resistir a auga e funcionar incluso en condicións de baixa luz (integra
visión noctural).
A GoFish Cam terÃa un sensor Full HD cun grande angular de
170 graos e micrófono integrado, que está pensada para, por exemplo, atarse á
seda de pesca para poder rexistrar en vÃdeo o momento da captura dun xeito
poucas veces visto. O deseño desta cámara pode resistir profundidades de até
100 metros, a súa baterÃa durarÃa até 4 horas de gravación e ao funcionar con
tarxetas microSD de até 32 GB tampouco deberÃa ter problema para gardar unha
boa sesións de pesca e, ao integrar Wi-Fi, incluso poderiamos ter a visión do
cebo mentres se pesca (os responsables do produto aseguran que o sinal pode
recibirse até a 12 metros de profundidade).
Tras a campaña de micromecenado espérase que a GoFish Cam saia á venda a un
prezo de 169,99 dólares (143,50 euros).
- A GoFish Cam está deseñada para poder rexistrar con grande detalle a captura dos peixes
VÃdeo promocional da campaña de Kickstarter da GoFish Cam