Chega a Europa a canle WiiWare para a consola doméstica de Nintendo

mércores, 21 de maio do 2008 Marcus Fernández

WiiWare estréase en Europa con 6 xogos

Onte chegou a Europa a agardada canle WiiWare que incorpora ao mundo da Nintendo Wii a posibilidade de mercar xogos orixinais a xeito de descargas, o que nun principio abre unha grande porta aos desenvolvedores de xogos, pois fai posible a comercialización de títulos de garaxe, que poderán innovar e sorprender aos usuarios, que tamén poderán adquirir estes xogos a uns prezos competitivos que van dende os 700 e os 1.500 puntos Wii (ou sexa, entre uns 7 e 15 euros).
WiiWare estrease en Europa con 6 xogos exclusivos:
- Final Fantasy Crystal Chronicles: My Life as a King (de Square Enix, que se vende por 1.500 puntos Wii)
- LostWinds (de Frontier por 1.000 puntos Wii)
- Dr. Mario & Bactericida (de Nintendo por 1.000 puntos Wii)
- Toki Tori (de Tow Tribes B.V. por 900 puntos Wii)
- Star Soldier R (de Hudson por 800 puntos Wii)
- TV Show King (de Gameloft por 1.000 puntos Wii).

Nos vindeiros días tamén chegará xogos coma Pirates: The Key of Dreams e Pop. Entendemos así que en vez de grandes xogos, WiiWare permitirá que cun desenvolvemento semellante ao de xogos para o móbil se poida achegar orixinalidade e diversión á Wii, cunha oferta de xogos que resultarán sumamente atractivos para xogadores ocasionais.

PUBLICIDADE