Chega a España o servizo Messenger TV

martes, 13 de maio do 2008 Marcus Fernández

Como xa comentamos hai uns meses, Microsoft estaba a traballar en mesturar os servizos de mensaxería instantánea e vídeo a través da Internet, e agora xa se poden ver os primeiros froitos grazas á chegada a España de Messenger TV, que permite compartir e ver os vídeos favoritos de MSN Video cos amigos a través de Messenger, podendo facerse comentarios mentres se ven os clips, o que pretendería replicar o feito de ver a televisión en compañía, pero permitindo a distancia entre os participantes.
Para acceder ao servizo hai que elixir a un amigo dende Windows Live Messenger, pulsar sobre actividades e seleccionar Messenger TV, tralo que o noso amigo recibirá unha invitación que, de aceptarse, abrirá o novo servizo.
Tamén se pode empregar en solitario engadindo coma contacto do Messenger ao usuario MessengerTV@live.com.

PUBLICIDADE