Chega a España o resistente smartphone Galaxy XCover 4s

luns, 1 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Samsung anunciou o lanzamento do Galaxy XCover 4s, un novo smartphone resistente que hoxe chega hoxe a tendas españolas e que inclúe unha nova cámara de grandes prestacións e un procesador optimizado para mellorar o seu rendemento, á vez que é un dos teléfonos máis resistentes do mercado. Dende Samsung aseguran que o «XCover 4s é un exemplo perfecto: unha mestura entre a innovación de Samsung e un formato resistente que permite que aqueles que traballen ou precisen dun terminal versátil en contornos extremos, poidan sacar o máximo proveito dos seus dispositivos».
O Samsung Galaxy XCover 4s funciona cun procesador de 8 núcleos a 1,6 GHz, ten 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria), confórmase cunha pantalla HD de 5 polgadas, a súa cámara traseira de 16 Mpíxeles sorprende cunha apertura f/1.7, a súa cámara frontal é de 5 Mpíxeles, recupera a tecla dedica personalizable (para, por exemplo, prender a lanterna LED ou abrir a aplicación de cámara), ten unha batería extraíble de 2.800 mAh e no que se refire á resistencia, ten certificación IP68 contra o po e a auga, así como certificación MIL-STD 810G, ou sexa, que está preparado para funcionar en duras condicións.

PUBLICIDADE