Chega a España o portátil HP Spectre
luns, 27 de xuño do 2016
Tras varios meses de espera por
fin chega a España a nova gama Premium de ordenadores portátiles de HP baixo o eslogan de Reinvent Obsession, cos que buscan gañarse a un público que nos
últimos anos apostaba por equipos de fabricantes como Apple, e que agora teñen
opcións máis elegantes, completas e versátiles nun fabricante máis tradicional.
Temos asà que o desexado HP Spectre, presentado
en abril como o portátil máis delgado do mundo, que con só 10,4 milÃmetros de
potencia conta con potentes procesadores Intel Core i5 e i7, cun deseño de
auténtico luxo (con materiais artesanais e acabados moi coidados) parten
dun prezo de 1.499 euros, para o modelo con procesador Core i5, 8 GB de RAM
e 256 GB de SSD, que porÃalle as cousas moi complicadas ao MacBook Pro (que en
tal configuración custarÃa 1.649 euros, sendo a máis gordo e pesado).
Por outra banda, HP tamén atrae agora ao mercado español o novo convertible HP
Spectre x360, que vén na liña do anterior equipo, pero con pantalla táctil
abatible até 360 graos, de xeito que poderÃa comportarse parcialmente como
tableta, o que incrementarÃa
o seu prezo base até os 1.599 euros.
Completando as novidades de HP temos tamén o novo equipos de sobremesa All In
One HP Envy Curvo 34, que é unha proposta bastante rechamante, xa que trátase
dun ordenador
integrado nunha pantalla curva de 34 polgadas, que pode mercarse por 2.999
euros. Unha proposta bastante arriscada, pero que gustará aos que precisen
dun potente equipo que achegue unha sensación envolvente ao escritorio
informático, resultando asà moi atractivo tanto para o consumo audiovisual como
para traballos creativos (xa que estamos ante unha pantalla cunha relación de
aspecto 21:9, ou sexa, ultrapanorámica, o que permite un grande aproveitamento
do escritorio sen ter que optar por incómodas configuracións multi-monitor).
- O novo todo-en-un de HP aposta por unha pantalla curva de 34 polgadas
VÃdeo promocional do HP Spectre