Chega a España o casco autónomo de realidade virtual Oculus Go
martes, 26 de xuño do 2018
En outono Facebook presentou un casco de realidade virtual
que finalmente chegou ao mercado en maio, pero cunha distribución moi limitada,
e finalmente
xa o temos en boa parte de Europa, de xeito que xa podemos mercar
o casco Oculus Go con 32 GB de almacenamento a un prezo de 219 euros e con
64 GB de almacenamento por 269 euros. A distribución española limÃtase inicialmente
a Amazon e supón unha grande nova para todos os que queren introducirse na
realidade virtual sen ter que realizar un grande investimento nin ter que escravizar o smartphone para o goce de experiencias
envolventes.
Oculus Go é asà un visor de realidade
virtual axustable á nosa cabeza, que integra pantallas e altofalantes (aÃnda
que recoméndase o uso de auriculares para unha experiencia máis inmersiva, que
permite acceder a un catálogo de máis dun milleiro de xogos e aplicacións de realidade
virtual e experiencias en 360 graos, que poden controlarse dun xeito cómodo
valéndose dun mando sen fÃos con botóns e unha superficie táctil para axudar a
trasladar os movementos á realidade virtual.
Cómpre destacar que, aÃnda que é posible usar o casco con lentes graduadas
postas, para unha maior comodidade existen
lentes graduadas para Oculus Go que poden instalarse de xeito doado e poden
ser un accesorio moi atractivo para os que teñan previsto empregar o casco
durante longas sesións.