Chega a España o Samsung Galaxy A41

xoves, 28 de maio do 2020 Marcus Fernández

A gama A de Samsung medra, e tras recibir os modelos Galaxy A51 e Galaxy A71 conta agora co Galaxy A41, que chega a España a un prezo de 299 euros. Este smartphone está equipado con tecnoloxía premium para proporcionar unha boa experiencia móbil, gozar de boas cámaras e boa pantalla e contar incluso cunha boa autonomía.
A cámara traseira tripla do Samsung Galaxy A41 ten un sensor principal de 48 Mpíxeles, un grande angular (123 graos) de 8 Mpíxeles e unha cámara de profundidade de 5 Mpíxeles. No caso da cámara frontal presume dun sensor de 25 Mpíxeles e a posibilidade de aplicar un suave desenfoque de fondo.
O Galaxy A41 está equipado cunha pantalla Full HD+ Super AMOLED Infinity-U de 6,1 polgadas, cunha relación de aspecto 20:9 e altofalante Dolby Atmos, procesador MediaTek MT6768, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 512 GB), batería de 3.500 mAh con carga rápida de 15 watts e un ancho de 70 milímetros, que xunto cos bordes redondeados garante un bo agarre. Pese a que non estamos ante un móbil de gama alta, inclúe certificación IP65 contra po e auga, NFC e lector de impresións dixitais en pantalla. Tamén conta con conector para auriculares.

O Galaxy A41 chega en varias cores

PUBLICIDADE