Chega a España o Quechua Phone, o móbil mountainproof

xoves, 5 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Comezábamos a semana falando de que Décathlon ía pór á venda en Francia un smartphone de seu baixo a marca Quechua, e finalmente o dispositivo non limita a súa distribución ao país veciño, e tamén o temos dispoñible en España a un prezo de 229,95 euros como Quechua Phone 5” e promocinado como “o primeiro teléfono móbil mountainproof” en referencia á súa resistencia a golpes (a súa pantalla é de cristal endurecido e a súa carcasa está envolta en caucho), a súa impermeabilidade (IP54), a súa autonomía (a súa batería é de 3.500 mAh, o que permitiríalle aguantar tranquilamente un par de días), un altibarómetro (ferramenta de utilidade para excursionistas) e aplicacións de sendeirismo precargadas.
O Quechua Phone vén cunha pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 840 x 480 píxeles, cun ángulo de visión optimizado (83 graos), alto contraste e boa luminosidade (para poder consultar a cartografía durante a práctica de sendeirismo), procesador Qualcomm Snapdragon S4 MSM8225Q de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, un grosor de 12 milímetros e un peso de 250 gramos. Funciona con Android 4.1 o que pode supor algún atranco inicialmente (esa versión non soporta o Bluetooth 4.0 de baixa enerxía), descoñecéndose se contará con actualización (aínda que é de agardar que sexa así por estarmos ante un dispositivo fabricado por ARCHOS.
Este novo móbil pode atoparse nas tendas físicas de Décathlon e tamén na súa tenda en liña (dende a que se envía aos clientes sen cobrar gastos de envío).


Vídeo promocional do Quechua Phone

PUBLICIDADE