Chega Mega Man 11 a Xbox One, PS4, Switch e PC

martes, 2 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Co gallo do 30º aniversario da saga de plataformas de Mega Man chega hoxe ao mercado o xogo Mega Man 11 en versións para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC a un prezo de 29,99 euros. Este novo título é unha mestura do característico estilo de acción de desprazamento lateral propio desta saga con características única e unha nova aparencia, que convida aos usuarios a unirse a Mega Man nesta nova aventura xunto a vellos coñecidos como o Dr. Light e o cadelo robot Rush para derrotar ao malvado Dr. Wily.
Poderemos saltar, deslizarnos, disparar... a través de desafiantes niveis, así como enfrontarnos a xefes finais que derrotar para absorber os seus poderes. O xogo conta con varios niveis de dificultade (facilitando así a chegada dos novos xogadores) e tamén estrea un sistema de dobre marcha que permite aumentar a velocidade e potencia de Mega Man para dar un novo xiro á gratificante mecánica do xogo pola que é famosa esta serie.
Cómpre salientar que en consolas o xogo conta con versións de demostración, de xeito que podemos probar o título para facilitarnos a decisión de compra.

Os xefes suporán un grande desafío

Tráiler de Mega Man 11

PUBLICIDADE