Chega Band Hero</Em> para popularizar (aínda máis) os xogos musicais

venres, 6 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Band Hero pode converterse nun excelente xogo de karaoke

Aínda que os xogos de Guitar Hero xa parecían estar moi consolidados, dende Activision non parecen pensar o mesmo, e decidiron que tiñan que diversificar o abano musical abordado por este tipo de xogo para popularizalo e adaptalo a toda a familia, de aí que crean unha nova franquía irmá, Band Hero, que chega hoxe ás tendas españolas nas súas edicións de Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Nintendo DS (demorándose a versión de Wii ata o 20 de novembro) e que conserva a mecánica de xogo dos seus predecesores (Guitar Hero 5 e Guitar Hero On Tour) pero con pequenas innovacións que adecúan o título a un público máis amplo.

Adam Levine (Maroon 5) é un dos personaxes desbloqueables do xogo

Band Hero non só conta cun catálogo de cancións bastante amplo, así como da posibilidade de importar temas de Guitar Hero 5, senón que tamén permite encargar a personaxes como a cantante Taylor Swift, a Adam Levine (Maroon 5) ou aos integrantes de No Doubt.
Este título inclúe novas modalidades de xogo, facilitando a participación de usuarios pouco familiarizados con este tipo de títulos e podendo incluso converter a Band Hero nun karaoke (nas versións para consolas domésticas). É compatible con diversidade de instrumentos (guitarras e baterías doutros xogos musicais e incluso os micrófonos sen fíos de Lips ou os auriculares estándar da Xbox 360) e permite que os xogadores poidan incluso incorporarse a unha partida no seu transcurso.
Tanto a nivel técnico como en experiencia de xogo poderiamos dicir que estamos ante a mellor entrega de Guitar Hero ata o momento, pese a que este título responda a un título diferente, de xeito que os fieis seguidores desta franquía non veranse decepcionados á vez que poderá captar usuarios para este tipo de xogos.


Anuncio televisivo do xogo

PUBLICIDADE