Celso Emilio Ferreiro, protagonista dunha unidade didáctica dixital para rapaces de primaria e secundaria
martes, 2 de outubro do 2012
As homenaxes feitas
ao longo deste ano a Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento
teñen un claro elemento común na súa vertente dixital. Non abondou que se
falase del ás novas xeracións: habÃa que facelo nunha linguaxe que coñecen ben
e que lles interesa, a linguaxe das novas tecnoloxÃas da información. E estivo
ben que asà fose. Con todo, as actividades non cesaron aÃnda. Esta semana, da
man de Ouvirmos, soubemos do
desenvolvemento e aplicación dun novo recurso de Ãndole tecnolóxica. Falamos da
unidade
didáctica sobre Celso Emilio que a devandita empresa vén de preparar para o
Proxecto Abalar da ConsellerÃa de Cultura e Educación, que, lembremos, é a
iniciativa da Xunta para impulsar a dixitalización das nosas aulas.
Segundo informa
Ouvirmos, a unidade didáctica dixital permitiralle ao alumnado de primaria e
secundaria descubrir, a través de xogos, a obra e a vida do autor de Longa Noite de Pedra. Este recurso,
dividido en dous niveis de dificultade para primaria e para secundaria, repasa
a vida e obra do escritor celanovés a través de seis etapas vitais diferentes,
con textos descritivos e propostas de actividades lúdicas interactivas que
introducen o alumnado na súa creación poética.
Segundo engaden os
responsábeis desta proposta, a unidade é esencialmente unha serie de xogos, só
que co engadido extra, moi a ter en conta, de estar ao servizo de promover o coñecemento
da nosa cultura nas novas xeracións (a través da figura de Celso Emilio). Polo
tanto, hai diferentes retos que superar (dameiros, chuvias de palabras e
enquisas) e a posibilidade de irmos sumando puntuación co obxectivo de darnos máis
azos para superar novas probas. No desenvolvemento destas actividades os
participantes acceden a fotografÃas do autor, os seus textos orixinais e mesmo
á voz de Celso Emilio recitando os seus propios poemas da súa autorÃa.
Esta unidade
didáctica, dispoñÃbel dende esta fin de semana, compleméntase coa posta en
marcha, este luns e visitando os centros educativos da nosa xeografÃa, da instalación
multimedia sobre o escritor da que temos falado en Código Cero, até o de
agora nas bibliotecas pero a partir de xa nos centros escolares. A xira comeza
no IES Rodolfo Ucha de Ferrol.
Optimizada para o Abalar
A unidade didáctica
de Celso Emilio Ferreiro é unha aplicación web deseñada e optimizada para os
ultra-portátiles do proxecto Abalar. Foi desenvolvida con JavaScript e HTML5,
atendendo as recomendacións da W3C e con obxectos como canvas e audio para a
creación das animacións e transicións, que permiten tamén a reprodución de son
sen necesidade de utilizar complementos, reprodutores nin plugins.