Caveman Ninja e Bomb Jack chegan a Switch
venres, 25 de xaneiro do 2019
Nos últimos meses foron moitos os clásicos que chegaron á
Nintendo Switch, consola que parece querer consolidarse como un paraÃso para os
xogos retro, e como boa mostra diso
temos un par de lanzamentos esta semana que sen dúbida entusiasmarán a moitos
amantes dos salóns recreativos.
O lanzamento máis destacable serÃa Bomb
Jack, xogo de Tehkan publicado en 1984 e que no seu dÃa adaptouse aos ordenadores
da época (dende o ZX Spectrum até o Commodore Amiga). O curioso deste xogo é
tanto o seu deseño coma o seu sistema de control, colocándonos na pel do
superheroe Jack que ten que saltar e planear para recoller bombas en distintos
niveis (conseguindo puntos adicionais de recoller as bombas nunha orde
determinada) e que nesta revisión reflicte fielmente o xogo de recreativa. Este
tÃtulo editouse dentro da colección Arcade
Archives de HAMSTER e véndese a 6,99 euros.
VÃdeo promocional do Bomb Jack de HAMSTER
Pero un tÃtulo que moitos xogadores terán máis presente, principalmente por ser máis recente e terse editado tamén en consolas, é Joe & Mac: Caveman Ninja, un clásico beat’em up de desprazamento lateral protagonizado por un par de homes das cavernas que armados con búmerangs, osos, pedras e outras armas teñen que percorrer diferentes niveis para rescatar a un grupo de mulleres secuestradas por unha tribo rival. Destaca o feito de contar con modo cooperativo, que permite a dous xogadores á vez en pantalla, asà como o seu coidado aspecto gráfico, que facilitou que se convertese nun xogo moi lembrado, e que agora podemos recuperar na Switch por 7,99 euros.
Tráiler do Caveman Ninja para Nintendo Switch