Catro mulleres debaterán sobre a industria dos videoxogos no marco da Hobbycon
martes, 27 de xuño do 2017
O encontro de lecer interactivo Hobbycon, que terá lugar en
PALEXCO entre os dÃas 13 e 16 de xullo non vai limitarse a actividades lúdicas,
senón que tamén vai acoller no seu programa iniciativas como a mesa redonda Women In Games, coa que pretenden
facer un chamamento a afeccionados aos videoxogos e a persoas que teñan a
intención de entrar a traballar en tal sector.
Esta mesa redonda está organizada pola asociación Internacional Women In Games,
co patrocinio de Google, e xuntará a catro profesionais que explicarán a
traxectoria académica que as levou ao mundo dos videoxogos, as súas
experiencias profesionais e persoais na industria e incluso dedicarán unha boa
parte do encontro a atender a cuestións do público.
As integrantes da mesa serán a animadora 2D Pilar Celda; a artista de
contornos MarÃa
Fernández; a artista de personaxes e directora de arte Eugenia Sánchez; e a
debuxante e guionista Emma RÃos (debuxante
do primeiro
cómic publicado en Android e participante
no proxecto #ElVideojuegoEsArte). A cita terá lugar o venres 14 de xullo de 19:00 a 21:00 horas.