Catherine terá versións para PS4 e PS Vita

martes, 19 de decembro do 2017 Marcus Fernández

En 2011 o xogo Catherine chegou a PlayStation 3 como un orixinal título de quebracabezas e acción aderezado cunha historia desacougante na que un home de 32 anos ten que loitar contra os seus demos internos mentres é infiel á súa parella. Como este xogo quedou ancorado na anterior xeración de consolas de videoxogos, o seu estudio, Atlus, decidiu finalmente traelo a máquinas actuais, e no número desta semana da revista xaponesa Famitsu van dar conta do que será Catherine: Full Body, a versión para PlayStation 4 e PS Vita deste título tan impactante como orixinal.
Catherine: Full Body presentarase polo seus creadores nunha retransmisión de vídeo que terá lugar o vindeiro venres, sabéndose polo momento que o xogo está en mans de Studio Zero, incluirá todo o contido adicional do xogo de PS3 e novas secuencias para a historia principal.

Aparte da historia interactiva, Catherine tamén incluía un modo de acción e quebracabezas durante os pesadelos do protagonista

PUBLICIDADE