Castle of Illusion estrea versión para Windows Phone e Windows 8.1

martes, 27 de maio do 2014 Marcus Fernández

O pasado verán o clásico de SEGA, Castle of Illusion, estreou remake en alta definición para Xbox 360, PS3 e PC, chegando despois a iOS e agora remota o seu achegamento a dispositivos actuais estreando versión para Windows Phone 8 por 9,99 euros e incluso para Windows RT/8.1 por 14,99 euros, de xeito que os posuidores de smartphones ou tablets co sistema operativo de Microsoft poden gozar deste xogo que vira a luz inicialmente na Mega Drive converténdose nun dos referentes do seu xénero que chegou incluso a ter unha secuela publicada en 2012 para Nintendo 3DS, Epic Mickey: Power of Illusion.
Este xogo métenos na pel do rato Mickey, que ten que rescatar á súa moza Minnie, raptada pola bruxa Mizrabel, para o que deberá superar os peritos do Castelo da Ilusión. Bosques encantados, xoguetes rebeldes e labirintos de libros viventes son algúns dos retos que terá que superar Mickey para salvar a Minnie.

JPEG - 120.5 KB
O xogo chega a dispositivo táctiles co sistema operativo de Microsoft con gráficos moi mellorados con respecto ao orixinal de Mega Drive

PUBLICIDADE