Casio incorpora recoñecemento musical aos seus peculiares smartwatches

venres, 1 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Nun momento no que os smartwatches queren facerse un oco no mercado, dende Casio fan a súa propia achega, adaptando os seus reloxos de pulso para dotalos de conectividade cos smartphones, e así o seu novo reloxo GBA-400 incorpora conectividade Bluetooth, o que permite controlar remotamente a reprodución musical, o que veñen de reforzar cunha prestación realmente innovadora: a integración da funcionalidade de recoñecemento musical a través de SoundHound, de xeito que poderemos ver na pantalla do reloxo o título da canción que está a escoitarse.
Por desgraza, estes reloxos teñen un prezo que poderían botar para atrás a moitos compradores, xa que se achega ao dos smartphones máis avanzados, aínda que coa vantaxe de conservar a súa característica aparencia Casio, que goza de moitos partidarios en todo o mundo. O prezo no Xapón deste reloxo en distintas cores (negra con pantalla prata, negra con pantalla dourada, azul e vermella) é de 28.000 iens (166,97 euros).

PUBLICIDADE