Carmack deixou id Software para centrarse na realidade virtual

mércores, 5 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Carmack probando un lentes de realidade virtual Oculus Rift

John D. Carmack, considerado como un dos desenvolvedores máis influentes do mundo dos videoxogos polo seu traballo innovador no mundo das 3D con títulos como Wolfenstein 3D e as sagas de Doom e Quake, sorprendeu estes días anunciando que abandonaba o selo que co fundara, id Software, e finalmente deu a coñecer as causas para USA Today: confiaba en que a compañía puidese colaborar con outro dos seus proxectos empresariais, Oculus VR, e ao ver que non era posible, decidiu non renovar o seu contrato.
Carmack estaba interesado en que a secuela de Wolfenstein 3D, Wolfenstein: The New Order, e posiblemente tamén Doom 4, puidesen adaptarse para poder xogalos facendo uso dos lentes de realidade virtual Oculus Rift, o que consideraba un proxecto moi interesante, e ao non poder casar ambos intereses, o histórico programador decidiu centrarse no sistema de realidade virtual, por considerar que pode levar aos videoxogos a un novo nivel.

PUBLICIDADE