Cargador de emerxencia para móbiles

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

No Reino Unido comezou a venderse por 2,99 libras esterlinas (3,78 euros) un cargador de emerxencia para o móbil coñecido coma Juicebar, e que achega unha autonomía adicional de ata 480 minutos en espera e 60 minutos en conversa (dependendo estas duracións do modelo de móbil utilizado).
Este cargador desbotable é capaz de manter a súa carga durante 5 anos, e funciona con distintos terminais de Nokia, Sony Ericsson, Motorola, Samsung ou calquera terminal que se cargue a través dun conector mini USB.
Juicebar permite evitar quedar sen batería nun momento determinado (pois o móbil pode usarse durante a carga), polo que é produto moi atractivo para a súa compra en caso de emerxencia, pero que moitos poderían optar a adquirilo coma medida de precaución.

PUBLICIDADE