Carcasa reforzada para transportar discos duros

xoves, 9 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que durante os seus desprazamentos precisan protexer os seus datos do po, a choiva, golpes e caídas poden mercar discos duros reforzados para tal fin, pero para moitos resultará moito máis atractiva a posibilidade de adquirir o LaCie Tank, unha carcasa que serve para protexer discos duros de 2,5 polgadas, cámaras dixitais ou mesmo consolas Nintendo DS Lite ou DSi. Este interesante complemento véndese por 24,99 euros e chegará ás tendas a mediados de mes, contando con certificación IP-63, o que garante a súa resistencia, para tranquilidade dos seus usuarios. Mide 41 x 121 x 186 milímetros (cun espazo interior de 26 x 106 x 125 milímetros) e pesa 280 gramos, o que son unhas dimensións e un peso máis que aceptables para protexer os nosos datos e accesorios de caídas catastróficas á vez que continúan a estar o suficientemente accesibles para o seu uso diario.

O LaCie Tank pode acoller un disco duro de 2,5 polgadas no seu interior

PUBLICIDADE