Carballo dá un novo pulo ao seu coworking para combater a crise con emprendemento
xoves, 21 de xaneiro do 2021
Contra
a crise sanitaria e económica, innovación e emprendemento. Esta
é unha das fórmulas polas que aposta o Concello de Carballo, que
aprobou este 18 de xaneiro unha addenda ao convenio de colaboración
entre o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña para o
financiamento dun espazo de traballo colaborativo no Fórum.
Trátase
de fortalecer o proxecto de coworking impulsado polas dúas
entidades, “un espazo de traballo compartido para dar pulo á
creación e consolidación de empresas vencelladas á cultura, ás
novas tecnoloxías, á rexeneración urbana, ao benestar, aos
servizos ás persoas, ao sector audiovisual, ao turismo, á
investigación e á economía social”.
Na
actualidade, no Carballo Coworking estanse a desenvolver 11
iniciativas empresariais nas que traballan 15 coworkers
procedentes de diferentes municipios da Costa da Morte como
Camariñas, Muxía, Zas, Ponteceso e, na súa maior parte, Carballo.
Entre
os/as usuarios/as do espazo de traballo colaborativo atópanse 7
emprendedores, que, ben de forma individual ou en grupo, materializan
5 ideas/proxectos en realidades de mercado, iniciativas que forman
parte da economía social, a cultura, as novas tecnoloxías e o
audiovisual. Nestes sectores tamén se moven maioritariamente as 6
novas empresas, nas que traballan 8 autónomos/as, cunha antigüidade
non superior a dous anos de exercicio empresarial (fase de
incubación), e que no coworking desfrutan da posibilidade de
dispoñer dun local e dunha serie de servizos e infraestruturas que
contribúen a mellorar as súas posibilidades de éxito.
Servizos
e contacto
Ademais
dos 156 metros cadrados habilitados para un total de 18 postos de
traballo, as persoas usuarias teñen á súa disposición un
auditorio con capacidade para 100 persoas para actos públicos ou
presentación; unha aula de formación, tamén destinada a sala de
xuntanzas, sala de intercambio de experiencias e ideas, etc; zonas
comúns (vestíbulo de acceso, recepción e zona de administración e
área de descanso); acceso a medios audiovisuais, conexión a
Internet de alta velocidade por cable e Wi-Fi.
O
Carballo Coworking está aberto de luns a venres en horario
continuado de 09.00 a 19.00. Para máis información podemos
contactar a través do enderezo coworkingcarballo.gal ou chamando aos
teléfonos 661 064 895 / 881 983 520.