Capcom presenta algunha das novas mecánicas de Street Fighter V
xoves, 11 de xuño do 2015
AÃnda que falte moito para que poidamos gozar de Street Fighter V, dende Capcom queren
deixar claro que non se vai tratar simplemente dunha versión con gráficos
mellorados de Street Fighter IV,
senón que intentará revolucionar a franquÃa con numerosos elementos, como novos
sistemas de loita, dos que detallan algúns no seu último trailer.
Ao igual que en anteriores entregas innovaron cos Focus Attaks e os Ultra
Comobos, agora
presentan os V-Triggers e as V-Skills, que levarán a saga a unha
nova xeración.
Como exemplo temos que Ryu pode seguir executando o seu clásico Hadoken cun
rápido movemento do mando e o botón de puñazo, ao igual que acontece cos
Shoryuken e o Tatsumaki Senpukyaku, pero en Street
Fighter V terá tamén o Mind’s Eye
e o Denjin Renki. O Mind’s Eye será a V-Skill de Ryu, que executarase premendo ambos botóns medios, e que
no caso de Ryu traducirase nun parry
que devolver instantaneamente golpes e proxectÃs.
O xogo tamén recupera a mecánica do 3rd
Strike de Street Fighter III,
adoptada por Ryu, mentres que Chun-Li pode empregar o seu Rankyaku para saltar
cara adiante nunha traxectoria baixa, mentres que M. Bison pode empregar o seu
Psycho Reflect para atrapar bolas de lume no aire antes de devolvelas co dobre
de velocidade. Ou sexa, que as V-Skills
engaden diversidade ao xogo, aÃnda que, ao non afectar á V-Gauge, non son tan impactantes como o sistema V-Trigger, que levará aos personaxes ao
seu lÃmite. Empregarase un estilo de loita máis distintivo e poderase activar
con só premer dous botóns fortes á vez mentres o V-Gauge está a tope. AsÃ, cando Ryu activa o seu Denjin Renki entra
temporalmente nun estado potenciado, e co Hadoken ben cargado poderá propinar
golpes adicionais e rachar a garda do seu rival con maior facilidade. Pola súa
banda M. Bison poderá empregar o seu Psycho Power para amplificar os seus
movementos especiais e Chun-Li potenciará os seus ataques nomais.
Cómpre destacar que o V-Gauge, ao
igual que o Revenge Gauge de Street Fighter IV, reinÃciase entre
asaltos, de xeito que é unha boa táctica aproveitalo para remontar cando queden
poucos segundos de tempo.
Trailer coas novas mecánicas de combate de Street Fighter V