Capcom anuncia a Devil May Cry HD Collection para Xbox 360 e PS3

mércores, 19 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Tras numerosas filtracións e rumores, Capcom confirma que a comezos de 2012 (posiblemente o 10 de febreiro) vai comercializar nos EE.UU. e Europa para Xbox 360 e PlayStation 3 o paquete Devil May Cry HD Collection, que inclúe remasterizacións en alta definición dos xogos Devil May Cry, Devil May Cry 2 e Devil May Cry 3: Dante’s Awakening Special Edition.
Esta saga protagonizada polo carismático Dante superou os 10 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, e con esta revisión permitirá que poidamos gozar das súas primeiras entregas (publicdas en 2001, 2003 e 2006 respectivamente) nas consolas domésticas de alta definición, incorporando trofeos e logros, e permitindo tamén que as novas xeracións de xogadores poidan achegarse a esta franquía que vai reinventarse nos vindeiros meses.

Portada no novo recompilatorio de Devil May Cry para PS3
A Xbox 360 tamén recibirá este paquete coas 3 primeiras aventuras de Dante

PUBLICIDADE