Capcom abre a súa tenda en liña en Europa para recibir a Resident Evil 6

luns, 10 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os incondicionais de Capcom tiñan un serio atranco á hora de adquirir certo material exclusivo dos seus videoxogos, por ter que percorrer ao mercado gris para facelo, xa que se vendía en exclusiva a través da tenda oficial da compañía no Xapón, pero para atender á demanda de tal mercadotecnia veñen de estrear en Europa a Capcom E Store, de xeito que a partir do 2 de outubro poderán despacharse no Vello Continente 3 edicións limitadas do xogo Resident Evil 6 que van dende 4 versións do xogo cunhas fundas inspiradas en cada un dos protagonistas do mesmo (á venda por 69,99 euros), a mesma edición incluíndo unha camiseta (por 89,99 euros) e incluso unha exclusiva edición cunha chaqueta de coiro (réplica da que leva Leon S. Kennedy) que ten o prohibitivo prezo de 999 euros (e da que só estarán dispoñibles 10 unidades para toda Europa). Estas edicións especiais de Resident Evil 6 inclúen tamén os 3 mapas descargables para o modo de xogo de Mercenarios e uns adhesivos.
O xogo Resident Evil 6 tamén estrou trailer nas últimas horas:

Completa a campaña de lanzamento do xogo un vídeo de imaxe real:

PUBLICIDADE