Canon anuncia as súas cámaras de video profesionais máis compactas

mércores, 1 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Pensando na súa versatilidade, Canon anuncia un par de cámaras profesionais que sairá á venda no primeiro trimestre de 2011 e que serán as máis pequenas deste fabricante. A única diferenza entre a Canon XF100 e a XF105 é que esta última conta cunha saída HD-SDI.
Estas novas cámaras gravan vídeo en alta definición en tarxetas Compact Flash a resolucións de 1.080p a 24 ou 30 imaxes por segundo (ou a 1.080i a 60 cadros por segundo) facendo uso do codec XF de Canon (MPEG-2 4:2:2 a 50 Mbps) que garante unha boa calidade de imaxe e compatibilidade con sistemas de edición non lineal (de fabricantes coma Adobe, Apple, Avid e Grass Valley).
Tamén é posible emparellar dúas cámaras deste tipo para realizar gravacións en 3D, aínda que o principal uso para este tipo de camascopio é o da toma de novas ou a gravación de documentais.
Entres as funcionalidades adicionais cas cámaras Canon XF100/105 está a posibilidade de gravar time lapses ou incluso realizar gravacións fotograma a fotograma (para animación stop-motion). Contan cunha lente cun zoom de 10x e un modo de disparo de infravermellos para gravar en condicións de luminosidade reducida.

PUBLICIDADE