Cangas estrea festa informática no verán: Faneka Gaming
xoves, 24 de maio do 2018
Combinar a afección aos videoxogos coa praia no verán é posible,
ou asà o ven os organizadores de Faneka
Gaming, un novo evento que desenvolverase no pavillón de Rodeira en Cangas
do Morrazo entre os dÃas 20 e 22 de xullo e que mesturará eSports,
demostracións, obradoiros, cosplay e unha chea de actividades no que pretende
ser unha LAN Party cunha identidade diferente.
Faneka Gaming dividirase en distintos espazos, de xeito que no exterior haberá
unha Fun Zone (na que gozar de xogos de mesa, obradoiros e cosplay) e unha Ñam
Zone (con foodtrucks e unha carpa con
bancos e mesas para poder comer con calma); mentres que no interior estará a
eSport Zone (na que desenvolveranse os torneos de videoxogos), a Retro Zone
(para lembrar clásicos da informática e dos videoxogos), a VR Zone (onde poder
probar experiencias de realidade virtual e realidade aumentada) e mesmo unha
Indie Zone (para que 3 estudos de videoxogos independentes amosen os seus
traballos).
No tocante aos torneos de videoxogos xa están confirmados os de Counter-Strike: Global Offensive, League of Legends e Hearthstone.
Os abonos para asistir ao Faneka Gaming xa están á venda en liña a
un prezo de 13 euros/dÃa ou de 35 euros os tres dÃas. Tamén hai a posibilidade
de adquirir un abono VIP polos 3 dÃas por 90 euros que inclúe acceso a unha Zona
VIP e un lote exclusivo de agasallos.