Cancelan o desenvolvemento de Gun Loco
venres, 18 de marzo do 2011
A páxina web do xogo Gun Loco que anunciárase o pasado
mes de agosto durante a Gamescom e do que puido verse unha versión de
demostración multixogador durante a pasada edición do Tokyo Game Show (sorprendÃa pola
súa violencia, xa que o estudo Square Enix non destacaba precisamente en
xogos deste tipo), proclama que este xogo para Xbox 360 vén de
ser cancelado sen maiores explicacións, o que resulta bastante abraiante
por ser un produto cun desenvolvemento tan avanzado.
É de agardar que nos vindeiros dÃas dean detalles sobre a cancelación dun xogo
que resultaba rechamante pola súa estética (a medio camiño entre o realismo e a
caricatura), prometendo moitas horas de diversión e destrución, aÃnda que
dentro dun xénero que non ten moito éxito no mercado asiático.
- O deseño de personaxes e a violencia serán a marca da casa neste novo tÃtulo de Square Enix