Cambian as especificacións do GeeksPhone One
xoves, 1 de outubro do 2009
O GeeksPhone One presentouse a finais
de xuño coma o primeiro
móbil español co sistema operativo Android, estando proxectado o seu
lanzamento para o outono a un prezo de entre 250 e 300 euros, pero este dispositivo está a verse
modificado seriamente, e asà destaca o feito de que integrará un
teclado QWERTY deslizante (o que forza a un cambio de deseño), substitúe o seu
procesador Intel por outro Qualcomm (un ARM11 a 528 MHz), prescindirá de
sintonizador de TDT optando polo streaming
de vÃdeo (decisión tomada por problemas de consumo enerxético) e contará cunha pantalla
de 3,2 polgadas cunha resolución WQVGA. Por outra banda, conservará a súa conectividade
HSDPA a 7,2 Mbps, un acelerómetro, A-GPS, Wi-Fi e Bluetooth 2.1. Tamén gozará dunha
cámara de 3,1 MpÃxeles con enfoque
automático e soportará a lectura de tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb.
Está previsto que chegue ao mercado antes de rematar o ano, aÃnda que hai que
admitir que este terminal español vaino ter difÃcil, xa que cada vez hai máis
terminais baseados en Android no mercado, e marcar a diferenza resulta
complicado.