Cámara dixital cun zoom de 21x

xoves, 23 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados a facer fotografías a longa distancia poden adquirir agora cámara deportiva telescópica chamada así por ser contar cun zoom óptico de 21x (40x se falamos de zoom dixital) que é capaz de tomar imaxes cunha resolución de 1.280 x 960 píxeles, así coma capturar vídeo a 640 x 480 a 25 fotogramas por segundo ou a 320 x 240 a 33 imaxes por segundo, contando incluso con modo de visión nocturna.
A cámara incorpora 1 Gb de memoria interna, ampliable mediante tarxetas microSD de ata 2 Gb, que é tamén capaz de funcionar coma reprodutor multimedia (conta con saída de televisión, así como unha pantalla LCD de 2,5 polgadas).
Aínda que non esteamos ante un dispositivo de alta calidade, o seu prezo tampouco é elevado: 90,16 euros.

A cámara conta cunha pantalla LCD de 2,5 polgadas

PUBLICIDADE