Cámara dixital compacta con Wi-Fi, Bluetooth e GPS
venres, 14 de agosto do 2009
A distancia entre
móbiles e cámaras dixitais cada dÃa é máis reducida, e nesta ocasión, en vez de
ter un móbil que tira boas imaxes, temos unha cámara con alta conectividade,
pois a nova Samsung
ST1000 (tamén
coñecida coma Samsung CL65), cun sensor de 12,2 MpÃxeles, zoom de
5x, pantalla táctil de 3,5 polgadas e gravación de vÃdeo a 720p e de tamaño
compacto (99,8 x 60,8 x 18,9 mm) pode comunicarse a través de Bluetooth 2.0 e
Wi-Fi.
A cámara porase á venda en setembro a 399,99 dólares (279,64 euros) e tamén
conta con GPS, de xeito que podemos xeoposicionar as nosas fotografÃas, aÃnda
que o feito de poder remitir as imaxes de xeito automático por correo
electrónico ou subilas directamente a servizos coma Picasa é realmente o máis
interesante que achega esta compacta de Samsung, á que non lle faltan
prestacións coma recoñecemento de caras (ata 20), sistema de enfoque automático
táctil, dobre estabilización de imaxe e mesmo a transferencia de imaxes a
outros dispositivos compatibles a través de Bluetooth 2.0.