Call of Duty: Vanguard celebrará a súa alpha a vindeira fin de semana

luns, 23 de agosto do 2021 Marcus Fernández

As reservas para o xogo Call of Duty: Vanguard xa están abertas para consolas PlayStation, Xbox e PC, pero aínda que faltan meses para este lanzamento que achegaranos a catro frontes da Segunda Guerra Mundial (o combate sobre o Pacífico, a defensa de Stalingrado, os ataques iniciados dende o aire en Francia e as batallas no norte de África) entre os días 27 e 29 será posible participar na versión alpha do seu novo modo multixogador Champion Hill (Outeiro do Campión).
Esta proba dun dos modos multixogador de Call of Duty: Vanguard será exclusiva para usuarios de PlayStation 4 e PlayStation 5, o que servirá para comprobar o bo funcionamento desta nova modalidade de xogo, á vez que tamén permitirá que os xogadores poidan botar unha primeira ollada ao xogo que chegará ás tendas o 5 de novembro. A alpha estará aberta a usuarios de consolas PlayStation con independencia de que teñan reservado o xogo ou contratado PlayStation Plus, ou sexa, que simplemente precisará dunha PS4 ou PS5 conectada á Internet. Os que queiran participar nesta alpha poden xa descargala na súa consola PlayStation 4 ou PlayStation 5 para así poder gozar da experiencia dende o primeiro minuto, sen ter que agardar á descarga e instalación do xogo.
O novo modo multixogador permitirá que 8 equipos compitan en partidas de un contra un até que o último equipo en pé gañe; permite crear e unirse a un pelotón para loitar en combates de 2 contra dous ou 3 contra tres; e este modo contará con catro mapas exclusivos.

Tráiler da alpha de Call of Duty: Vanguard

PUBLICIDADE