Call of Duty: Modern Warfare II facturou 1.000 millóns de dólares nos seus 10 primeiros dÃas
luns, 7 de novembro do 2022
Hai
franquÃas que, pese a ter entregas anuais, manteñen o seu pulo a longo prazo, como
é o caso dos xogos de Call of Duty, que vén facer historia con Modern Warfare II, xogo
que nos
seus 10 primeiros dÃas superou os 1.000 millóns de dólares, superando a
marca establecida por Black Ops II en 2012, que conseguira facer o mesmo
en 15 dÃas.
Activision asegura que nos primeiros 10 dÃas do xogo para PlayStation, Xbox e
PC conseguiu superar os 200 millóns de horas de xogo e os 1.000 millóns de
partidas, constatando que estamos ante un lanzamento impresionante que pode
describirse como o meirande lanzamento dun produto de lecer en todo 2022 e como
o meirande lanzamento da historia dunha franquÃa ao superar os 800 millóns de
dólares nos seus primeiros 3 dÃas.
Pero o éxito da franquÃa non se limita a esta entrega, xa que o vindeiro dÃa 16
lanzarán Call of Duty: Warzone 2.0, que tamén promete ser un éxito rotundo.