Call of Duty: Mobile chegará o 1 de outubro

xoves, 19 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O esperado Call of Duty: Mobile, desenvolvido por Activision en colaboración con Tencent, e que estará dispoñible para Android e para iOS, ter por fin unha data de lanzamento: o 1 de outubro. Este xogo incluirá os mapas, modos, armas e personaxes que os seareiros de Call of Duty coñecen ben, levándoos a dispositivos móbiles nunha experiencia en primeira persoa que poderá gozarse de balde.
Call of Duty: Mobile non esquecerá unha experiencia multixogador Battle Royale para até 100 xogadores individuais (ou en equipos de 2 ou 4), á vez que tamén apostará por eventos por tempo limitado e actualizacións periódicas, para manter o interese e conseguir que os usuarios rematen gastando cartos reais no xogo.

Tráiler no que anuncian a data de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE