Call of Duty: Infinite Warfare pode chegar a ocupar 130 GB de disco
luns, 10 de outubro do 2016
O vindeiro 4 de novembro chegará ás tendas para PlayStation
4, Xbox One e PC o xogo Call of Duty: Infinite
Warfare, incluÃndo unha remasterización de Call of Duty: Modern Warfare nas edicións de luxo do xogo nas súas
tres plataformas, o que fai que esteamos ante unha compra ineludible para os
amantes dos shooters, pero que trae
unha sorpresa un tanto desagradable: as súas esixencias de espazo de disco que
ocupará.
Na sección de
preguntas frecuentes do xogo detallan que o espazo requirido para os dous
xogos da franquÃa poderÃa chegar a sumar 130 GB (incluÃndo as actualizacións do
dÃa 1 e os mapas multi-xogador que se publicarán antes do remate do ano) o que
é un tamaño realmente esaxerado, pois no caso dunha PlayStation 4 cun disco
duro de 500 GB o xogo acapararÃa máis a cuarta parte do espazo de disco, o que
deberÃa levar xa aos futuros compradores do xogo a comezar a facer sitio para a
instalación do novo xogo de Activision desenvolvido por Infinity Ward.
Ao parecer, uns 39 GB serÃan só da remasterización de Call of Duty: Modern Warfare, deixando claro que o xogo principal
ocupa un espazo máis que considerable, que sen dúbida fará que durante a
campaña de Nadal estea na boca de moitos vendedores á hora de recomendar aos
usuarios a adquisición dunha consola cun disco duro de maior tamaño para evitar
quedar sen espazo cada vez que saia un xogo deste estilo.