Call of Duty: Black Ops</Em> estrea o seu 3º paquete de contidos descargables
mércores, 29 de xuño do 2011
- O mapa Hazard está ambientado en Cuba
Os usuarios de
Xbox 360 pode xa adquirir o novo
contido descargable para o xogo Call of
Duty: Black Ops, que leva por título Annihilation,
e que inclúe 4 mapas multi-xogador e unha experiencia zombi. Estamos ante o
terceiro paquete de contidos para o xogo de Treyarch (tras First Strike e Escalation,
que xa converteron ao xogo no que rexistrou máis descargas na historia de Xbox
LIVE) e o seu prezo é de 1.200 puntos (14,40 euros).
O paquete de contidos adicionais Annihilation
inclúe os mapas coñecidos como Hangar 18
(unha base militar dentro da Área 51), Drive-In
(un cine ao aire libre), Silo (un
emprazamento segredo que oculta mísiles soviéticos), Hazard (nos acantilados de Cuba) e Shangri-La (un labirinto de cavernas subterráneas cheas de mortos
viventes aos que aniquilar).
- En Changri-La haberá que enfrontarse a unha vaga de zombis
- Un dos novos mapas terá lugar nun silo de mísiles soviéticos