Call of Duty: Black Ops estrea contido descargable para Xbox 360

martes, 3 de maio do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios de Xbox 360 de Call of Duty: Black Ops poden adquirir dende hoxe do Bazar de Xbox LIVE o segundo dos paquetes de contido descargable chamados Escalation, con 4 novos mapas multixogador e unha experiencia de xogo zombi sen precedentes, con recoñecidos personaxes como George A Romero e os actores Robert Englund, Sarah Michelle Gellar, Michael Rooker e Danny Trejo; que tamén conta cun tema musical de Avenged Sevenfold titulado Not Ready to Die.
Os novos mapas de Escalation son: Hotel, a azotea dun hotel casino de Cuba; Convoy, cun combate corpo a corpo nunha emboscada a un convoy militar estadounidense; Zoo, nun zoolóxico soviético abandonado; e Stockpille, nunha granxa dunha remota vila rusa.
O mencionado modo zombi chámase Call of the Dead, e é un dos contidos descargables que máis expectación creou dentro desta franquía, que incluso conta cun excelente trailer:


O paquete de mapas para Call of Duty: Black Ops está dispoñible para Xbox 360 por 1.200 puntos (uns 14,4 euros), mentres que os usuarios de PS3 e PC deberán agardar para poder facerse con estes contidos que non teñen data de lanzamento anunciada para as súas plataformas.


Trailer do novo paquete de mapas para Call of Duty: Black Ops

PUBLICIDADE