Call of Duty: Black Ops chega ás tendas españolas

martes, 9 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas españolas o agardado Call of Duty: Black Ops, título desenvolvido por Treyarch que para moitos é un dos xogos imprescindibles no último trimestre do ano, que reparte a acción por numerosos escenarios bélicos por todo o planeta, e aínda que este tipo de xogos poden gozarse na súa campaña local, será no xogo en liña onde a meirande parte dos usuarios atoparán o seu gozo, con novas e melloradas funcionalidades, como a opción de personalización, o modo de xogo Wager Match, a posibilidade de gravar partidas, o Modo de Combate e moitos máis detalles que levaron a este xogo distribuído por Activision a converterse no máis reservado da historia na cadea de tendas GameStop.
Este título ten versións para PlayStation 3, Xbox 360, PC, Wii e Nintendo DS, destacando as tres primeiras por permitir por primeira vez nesta saga a súa visualización en 3D, para o que é preciso ter un televisor compatible no caso das consolas de alta definición ou a tecnoloxía nVIDIA 3D Vision (tarxeta gráfica compatible, lentes e monitor 3D) no caso da versión para Windows PC. Curiosamente as tecnoloxías empregadas para a PS3 e a Xbox 360 para conseguir a visualización estereoscópica son diferentes, optando a PS3 pola solución top-bottom, mentres que a consola de Microsoft operada en side-by-side (que é o estándar 3D adoptado polas transmisións televisivas).


Último trailer de Call of Duty: Black Ops

JPEG - 254.3 KB
No xogo formaremos parte dun equipo de operacións encubertas que deberán facer fronte a perigosas situacións por todo o globo

PUBLICIDADE