Call of Duty: Black Ops 2 supera os 1.000 millóns de dólares en vendas

mércores, 5 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Activision anunciou hoxe que o seu xogo Call of Duty: Black Ops II, pese a faltar varias semanas para o Nadal, superou a marca dos 1.000 millóns de dólares en vendas a nivel mundial segundo información de Chart-Track e estimacións do mercado internacional, o que indicaría unha grande fortaleza do sector do lecer electrónico. De feito, a barreira dos 1.000 millóns de dólares teríase superado a só 15 días do lanzamento do xogo, un día antes que o seu predecesor (Call of Duty: Modern Warfare 3) e 2 días antes que a película Avatar, comparacións que poden darnos unha idea da magnitude que está a tomar este novo xogo de acción en primeira persoal.
O director xeral de Activision Blizzard, Bobby Kotick, asegura que “o lanzamento de Call of Duty está a ser un dos eventos de lecer máis significativos durante cada un dos últimos 6 anos” engadindo que os ingresos desta franquía superaría aos acadados polas entradas para as películas de Harry Potter e Star Wars, dúas das franquías cinematográficas de máis éxito de todos os tempos.

PUBLICIDADE