Call of Duty: Black Ops 2 aÃnda ten preto de 12 millóns de xogadores activos
mércores, 4 de novembro do 2015
Cando estamos ás portas do lanzamento de Call of Duty: Black Ops III, toca botar
a vista atrás e lembrar a anterior entrega da saga desenvolvida por Treyarch, Black Ops 2, que na súa estrea en
2012 conseguira vender 8 millóns de copias e poucas semanas despois xa superara unhas
vendas por valor de 1.000 millóns de dólares, deixando clara a forza desta
franquÃa. Pero o máis sorprendente de todo é que, durante a presentación dos
resultados económicos de Activision, a compañÃa recoñeceu que actualmente aÃnda
habÃa preto
de 12 millóns de persoas xogando a Call
of Duty: Black Ops 2, o que é realmente impresionante se temos en conta
que estamos ante un tÃtulo con tres anos de vida, o que explicarÃa o feito de
que estea nos primeiros lugares nas enquisas de Microsoft para saber dos xogos
prioritarios para incorporar como retrocompatibles na Xbox One (para permitir
tanto que os usuarios que mercasen Black
Ops 2 en Xbox 360 poidan xogalo na Xbox One, como o feito de poder competir
cos moitos usuarios do xogo en Xbox 360 que seguen activos).